Letra da canción dos Maios deste ano, baseada unha antiga canción
da festa dos Maios do mestre Francisco Alvarellos:
Maio, maio, maio florido,
maio, maio, vén noso amigo,
maio, maio, maio dos nenos,
deixa unha prenda, quen veña velo.
Pa lo camiño vimos e vimos cansados,
de cargar co maio, para que nos den algo.
FRAUTAS
RETROUSO
Aínda que somos catro, e tráemolo maio,
fixémolo entre moitos, que chegue pro reparto.
RETROUSO